sábado, 5 de mayo de 2007

O Rotary Club entrega os seus premios nunha cena no Casino

ESPAÑA-R.C.Pontevedra--O Rotary Club entrega hoxe as súas distincións anuais no transcurso dunha cena que se desenvolverá no Liceo Casino esta noite.

Os premios Servir da entidade pretenden recoñecer públicamente a unha empresa que destaca polo seus servicios á comunidade e por a creación de emprego. Este ano o elixido foi o Hospital Domínguez, que nos derradeiros anos convertiuse nun claro referente no contexto dos servicios sanitarios e que ten preto de 200 empregados.Ademais, tamén se fará entrega do premio Protagonistas do mañá que recoñece a capacidade de liderazgo, servizos á comunidade e expediente académico dun pontevedrés e que recaíu en Montserrat Fernández-Valdés Pedrosa. Asociación Alba Os beneficios desta cena serán entregado a Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra Alba, que pretende mellorar a calidade de vida das persoas con enfermedade mental e dos seus familiares. Esta asociación, que surdíu en maio de 1997 e que foi declarada de utilidade pública en maio do 2003, presta unha atención integral ás persoas con enfermedade mental crónica. Conta cun centro de rehabilitación nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe e con catro pisos protexidos no nucleo urbano de Pontevedra. Nos dez anos de existencia, Alba atendeu a 301 persoas, que na súa maioría realizan agora unha vida normalizada por aprender a manexar os síntomas da súa enfermidade.

No hay comentarios: